Faite voluntario

«O máis pequeno acto de bondade vale máis que a maior intención».

Khalil Gibran

Se é do teu interese ser Voluntario/a de unha Asociación ou Protectora de Animais, moitísimas grazas por chegar ata aquí e interesarche por Colonias Canguesas!

Con actitude e traballo, cada voluntari@ inviste parte do seu tempo e esforzo para facer do mundo un lugar máis xusto, e aínda que hai centos de tipos de voluntariado e calquera pode loitar pola causa que máis lle guste, en Colonias Canguesas centramos o obxectivo nun punto moi concreto: gatos que viven nas rúas de Cangas.

día a día dunha asociación que vela polos animais pode chegar a ser esgotador, e o traballo das persoas que se implican e axudan a coidar dos máis desfavorecidos é o que mantén en pé estes proxectos, o que achega felicidade, no noso caso, aos pequenos felinos.

traballos que efectúan lo s voluntarios

Coidado diario

Alimentación, desparasitación, CES e estado de saúde dos animais.

Transporte

Transporte de gatos ao veterinario.

Eventos

Participación en eventos para dar visibilidade á Asociación

Traballo manual

Elaboración de casetas, comederos ou utensilios para facilitar a vida dos gatos nas colonias.

Mercadillo

Participación en mercadillos solidarios para recaudar fondos para costear os gastos veterinarios.

Seguimiento

Control de acollidas/adopcións e seguimento das mesmas.

Comunicación

Difusión de animais perdidos, que buscan reencontrarse cos seus compañeiros humanos.

Difusión

Difusión de gatos abandonados, que necesitan con urxencia un fogar.

Organización

Achegar ideas, proxectar obxectivos, deseñar plans que axuden a axudar.

ayuda

sentido da responsabilidade van facer falta para emprender esta aventura. Pode parecer complicado, pero non esquezas que, por cada minuto do teu tempo libre investido, obterás unha recompensa a nivel emocional. Sumarás experiencias e, por encima de todo, poderás levantar o mellor trofeo: estás a facer do mundo un lugar máis amable.

tes dúbidas?

Se recheas o seguinte formulario, poñerémonos en contacto contigo para darche toda a información que necesites e resolver dúbidas

Nombre