Urxencias Felinas

Os gatiños de rúa de Cangas necesitan a túa axuda.

En Colonias Canguesas, traballamos sen descanso para atender as necesidades dos gatos abandonados e das colonias felinas da nosa zona. Pero as urxencias non paran, e só coa túa colaboración podemos seguir adiante.

Por que apoiar o noso crowdfunding?

Salvamos vidas

As urxencias veterinarias non esperan. Moitos gatiños chegan feridos, enfermos ou en situacións críticas, e cada euro que recadamos fai posible atendelos.

Buscamos fogares

Dámoslles unha segunda oportunidade a través de adopcións responsables.

Transparencia total

Podes seguir como empregamos cada euro. Contamos cun portal de transparencia onde publicamos as facturas, as intervencións realizadas e os gatiños que van sendo atendidos, para que saibas exactamente o impacto da túa axuda.

Gatiños en urxencias

Campaña para las pipetas

En Colonias Canguesas, traballamos cada día para coidar dos gatos das nosas rúas, pero precisamos da túa axuda. Queremos garantir que todos os nosos peludiños teñan pipetas antiparasitarias de 3 meses para protexelos de pulgas, carrachas e outras enfermidades.

Co teu apoio, podemos mercar máis pipetas e asegurarnos de que os gatos das nosas colonias teñan unha mellor calidade de vida. Cada pequena achega conta!

Fai a túa doazón e axúdanos a protexelos! 

_____________

En Colonias Canguesas, trabajamos cada día para cuidar de los gatos de nuestras calles, pero necesitamos tu ayuda. Queremos garantizar que todos nuestros peluditos tengan pipetas antiparasitarias de 3 meses para protegerlos de pulgas, garrapatas y otras enfermedades.

Con tu apoyo, podemos comprar más pipetas y asegurarnos de que los gatos de nuestras colonias tengan una mejor calidad de vida. ¡Cada pequeña aportación cuenta!