Se chegaches ata este apartado, dámosche un GRAZAS ben xigante de anteman.
A axuda das persoas é fundamental para que a asociación poida seguir realizando a súa labor, e cada xesto suma. Xa o dicía Eduardo Galeano: «Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”.
Forma parte do noso voluntariado e axuda a cambiar a vida dos gatiños abandonados. Xuntos podemos facer a diferenza!
Converte a túa casa nun lugar de amor e protección ata que atopen unha familia definitiva. Eles precisan de ti!
Amadriñar/apadriñar significa cubrir as súas necesidades mentres segue buscando un fogar. Ti podes ser o seu apoio.
Contribúe co teu apoio regular para que sigamos salvando vidas e dando esperanza aos gatiños de Cangas.
Axúdanos a cubrir gastos veterinarios, comida e moito máis. A túa doazón é unha oportunidade para eles.
Atopa produtos únicos mentres apoias unha boa causa. Cada compra axuda a mellorar a vida dos nosos gatiños.
Os establecementos amigos apoian a nosa causa. Consulta a lista e visita os negocios que coidan dos gatiños connosco.