Benvidos á nosa comunidade de adopción felina!

Alimentamos, esterilizamos, proporcionamos axuda veterinaria e
buscamos casas de acollida e adopcións para os nosos peludos.

En adopción

Moitos gatiños están esperando por un fogar

Acolle

Nos encargamos dos gastos do gatiño

Socios

Axúdanos a protexer e coidar aos gatiños de Cangas

acogida de gatos

Colonias Canguesas trátase dunha Asociación sen ánimo de lucro, a cal fundouse no ano 2014, e actualmente está formada por un equipo de persoas voluntarias que adican o seu tempo libre ao coidado e control das colonias de gatos rueiros, e que actúa no ámbito do concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra – España).

A sustentibilidade da asociación depende das doazóns dos seus socixs, madriñas, padriños, Teamers e tódalas persoas que fan unha aportación de forma puntal. Tamén dependemos das axudas recibidas pola Xunta de Galicia, Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e Concello de Cangas.

Invitámosche a visitar a nosa páxina e coñecer as diferentes formas que tes de colaborar. Tamén presentarémosche aos gatos que coidamos por se te seducen coa súa mirada, e intentaremos resolver toda-las dúbidas felinas que os podan xurdir.

¿Por qué adoptar?

Cada adopción salva vidas. Ao adoptar, estás ofrecéndolle unha nova vida a un gato que o necesita. Ademais, axúdasnos a continuar o noso labor de rescate, coidado e alimentación das colonias felinas da nosa comunidade.

Coñece os nosos gatos!​

Na nosa sección de adopción atoparás fotos e descricións de cada gato dispoñible. Desde gatiños xoguetóns ata adultos tranquilos, temos o compañeiro perfecto para ti. Explora, enamórate e dálles unha oportunidade!

Axúdanos a axudar!

Axúdanos a coidar de máis de 70 gatos con necesidades especiais de saúde, alimentación e medicación.

Doa alimentos ou medicamentos

Doa alimentos ou medicamentos para o coidado dos gatitos.
Ponte en contacto con nós para coordinar a doazón.

Lista de amazon

Temos unha lista de Amazon, onde subimos os produtos que máis necesitamos para coidar dos nosos gatiños.

Deixa a túa doazón

Temos diferentes medios para recibir doazóns

Teaming

Con só 1€ ao mes podes unirte a nós en Teaming e marcar a diferenza. Pequenos xestos constrúen grandes cambios.

Tes dúbidas?

Contacta connosco e cóntanos como podemos axudarche

Nombre